TR350A – Programa emprega muller de incentivos á contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas.
Convocatoria 2019 En prazo: 26/04/2019 – 30/09/2019
Obxecto
1. Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea.
2. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación (procedemento TR350A).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán de ser a tempo completo, e no caso de contratos indefinidos a tempo parcial nos cales será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación
A contratación indefinida inicial está cofinanciada nun 80 % polo PO FSE Galicia 2014-2020. No obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral; prioridade de investimento 8.1: «O acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídos os desempregados e desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, así como as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral. Facilitar o acceso ao emprego dos desempregados e persoas inactivas, incluíndo as persoas paradas de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas locais de emprego e apoio á mobilidade laboral»; obxectivo específico 8.1.3: aumentar a contratación de carácter estable das persoas desempregadas e/ou demandantes de emprego, incluíndo as de longa duración e aquelas de máis idade, e liña de actuación 128. Programa de incentivos á contratación por conta allea de carácter estable para diferentes colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación.