Convocatoria 2020

en plazo

Próxima apertura:  21/02/2020 – 30/09/2020

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2020 de vehículos de transición a unha mobilidade eficiente por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución .

A quen vai dirixido?

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:

a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

Requisitos

Non serán persoas beneficiarias destas axudas:

a. Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venta cuxo epígrafe da sección primeira das tarifas do Imposto sobre Actividades Económicas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1175/1990, de 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.

b. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c. As empresas en crises están excluídas, excepto cando se trate de rexímenes de axudas destinados a reparar os prexuízos causados por determinados desastres naturais.

d. Non poderán ter a condición de persoa beneficiaria as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, de 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión , de 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 717/2014 da comisión de 27 de xullo de 2014 relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea as axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, a máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.