O DOG do 11/01/2019 publica o seguinte:

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2019 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 29 de outubro de 2018, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas do Igape á dixitalización Industria 4.0 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultou o director xeral para a súa convocatoria, aprobación dos créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas do Igape á dixitalización Industria 4.0 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocalas para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento IG300C).

O financiamento dos obradoiros farase con cargo a fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e están suxeitos ao réxime de minimis.

As axudas ás pemes do título II das bases reguladoras anexas á presente convocatoria fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 1420, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

Obxectivo específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoios avanzados; incluíndo os sectores agrícola pesqueiro, mariño, marítimo, turístico, cultural, comercial (…).

Actuación 3.4.1.3: apoio a proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e consolidación das pemes.

Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.

Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Segundo. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro de 2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia como expediente anticipado de gasto, existindo crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2019. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Terceiro. Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:

Convocatoria

Inicio do prazo de presentación
de solicitudes

Fin do prazo de presentación de solicitudes

Liña IG239 (obradoiros)

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

15.3.2019

Liña IG240.1 (axudas)

O día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

15.3.2019

Liña IG240.2 (axudas)

3.6.2019

20.9.2019

 

 

 

MÁIS INFORMACIÓN