Convocatoria 2020

en plazo

En prazo:  29/01/2020 – 30/03/2020

Obxecto

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización conxunta da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países e a diversificación dos sectores internacionalizados.

Estas axudas están dirixidas a apoiar o esforzo realizado polos organismos intermedios para promocionar empresas galegas (que compartan similares intereses en determinados mercados) de modo agrupado aproveitando sinerxías e cooperando entre si, polo que se apoian as accións de promoción propostas e organizadas por entidades empresariais sen ánimo de lucro.

Esta liña de axuda compleméntase co programa de aquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización financiado con fondos propios do Igape, dado que se ofrece aos organismos intermedios solicitantes destas axudas a posibilidade de solicitar un bolseiro de promoción exterior para que os apoie na realización das accións de internacionalización para as cales se solicita esta axuda.

Compleméntase, ademais, coas liñas de axuda Galicia Exporta Empresas, Galicia Exporta Dixital, Foexga, Sinerxía e cos servizos do Igape á internacionalización.

A convocatoria desta liña de axudas será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución do director xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

As axudas reguladas nestas bases outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.