PRAZO. ATA O 07/082020
Finalidad / Objetivo
Os obradoiros
concíbense como espazos de encontro entre empresas para explorar
solucións tecnolóxicas e vías de colaboración que dean lugar a proxectos
de implementación de ferramentas dixitais colaborativas sectoriais
susceptibles de optar ás axudas establecidas nestas bases ou noutras
convocatorias, ou ben oportunidades de hibridación intersectorial.
Estes espazos de encontro terán necesariamente carácter presencial,
aínda que poderá continuarse o contacto entre os membros do grupo e
organizarse outros eventos en contornos virtuais.
Deberá ter lugar, cando menos, unha reunión mensual presencial das
empresas. Esta reunión terá que documentarse en vídeo ou por escrito
acompañada de fotografías.
En cada espazo de encontro deberán participar persoas dun mínimo de 6
empresas distintas. Considerarase que cada reunión está validamente
constituída para os efectos destas axudas se asisten persoas de 2/3 das
empresas participantes en cada espazo de encontro. A cada reunión
poderán asistir diferentes persoas por cada empresa.
Tipos de apoyo
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Suxeita ao réxime de minimis.
Beneficiarios potenciales
1.
Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter
empresarial de Galicia. Entenderanse como tal para efectos destas
axudas:
a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con
domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha
das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións
empresariais ou universidade-empresa ou clústers empresariais.
b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica
domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido
para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As entidades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As entidades que entren dentro da categoría de empresa en crise.
c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no
artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da
citada lei.