O Programa Bono Impulso – Deputación de Lugo é un proxecto destinado ao fomento do consumo de bens en establecementos comerciais locais e de hostalería (incluídos servizos de aloxamento), desenvolvidos por persoas empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas da Provincia de Lugo.
En total a Deputación de Lugo subvencionará 17.000 bonos para o consumo nos establecementos adheridos á campaña, a través dun bono de carácter nominativo e territorial por valor de 30€ aplicable para un consumo a partir de 60€.
Unha vez finalizado a fase de adhesión dos establecementos, abrirase un novo prazo onde poderán solicitar o bono calquera persoa maior de 18 anos que resida nalgún concello da provincia de Lugo. Estes deberan ser consumidos nos establecementos adheridos no seu concello de residencia.
Posteriormente os establecementos poderán trocar os seus bonos a través dun procedemento moi sinxelo.