Listas de contratación temporal

Presentación de instancias

Realizarase anualmente dentro do prazo establecido no artigo 6º do Decreto 37/2006 que abrangue do 1 de marzo ao 15 de xullo, elaborándose a lista no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano. Aquelas persoas que queiran inscribirse nas listas de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da lista correspondente (titulación, coñecemento do idioma galego e os demais que para cada caso estableza a correspondente resolución de apertura da lista).

Naquelas listas que se atopen pechadas só poderán inscribirse aqueles/as candidatos/as que teñan servizos prestados ou superada algunha proba do último proceso selectivo.

Os documentos que deberán presentar as persoas interesadas son os seguintes:

  • Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
  • Impreso do pago da taxa.
  • Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
  • Fotocopia do DNI (só no caso de que o/a solicitante non autorizase a súa consulta na solicitude de inscrición).
  • Fotocopia debidamente compulsada que acredite a titulación requirida e os demais requisitos da lista.

A lista provisional de admitidos/as e excluídos/as destas solicitudes será obxecto de publicación no DOG, dándose un prazo de dez días hábiles para presentar alegacións ou emendar causas de exclusión.

Unha vez revisadas as emendas publicarase a lista definitiva no DOG e os/as interesados/as terán un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

Baremación de méritos

O baremo aplicable para a elaboración das listas aparece recollido no artigo 9º do Decreto 37/2006, puntuándose os servizos prestados no mesmo grupo, corpo, escala e categoría; as probas superadas no último proceso selectivo para o mesmo grupo, corpo, escala ou categoría da Xunta de Galicia; así como os chamamentos atendidos e finalizados sen renuncia. Estes méritos puntuaranse de oficio.

Os méritos por servizos prestados e chamamentos atendidos serán obxecto de actualización no mes de febreiro de cada ano, publicándose unha resolución provisional no DOG na que se establecerá un prazo de dez días hábiles para presentar reclamacións.

Nas categorías de defensa contra incendios forestais, os/as integrantes das listas poderán presentar solicitude de actualización de méritos no mes de xaneiro, achegando os servizos prestados nos concellos.

Unha vez revisadas as alegacións, publicarase a lista definitiva no DOG e as persoas interesadas terán un prazo dun mes dende a publicación para presentar o recurso de alzada.

A puntuación por probas superadas do último proceso selectivo actualizarase o día da publicación do acto de elección de destino do persoal de novo ingreso no DOG.

MÁIS INFORMACIÓN

LISTAS QUE SE ABREN:

Director/a de gardaría infantil
Terapeuta ocupacional
Mestre/a especialista en educación infantil
Bombeiro/a forestal

LISTAS ABERTAS

Escala de veterinarios
Escala superior de finanzas
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
Especialidade en procesos de cultivo acuícola
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.Especialidade en comunicacións
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios
Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

Escala técnica de finanzas

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.Especialidade en traballos técnicos de mergullo
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.Especialidade en máquinas e produción
Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.Especialidade en servizos ao buque

Grupos e categorías (persoal laboral)
Titulado/a superior médico/a. Médico/a xeriatra. Médico/a CEI. Médico/a adxunto/a. Médico/a
ATS. Enfermeiro/a. Practicante. DUE
Director/a de gardaría infantil
Fisioterapeuta
Terapeuta ocupacional
Mestre/a especialista en educación infantil
Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios.
Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos.
Especialista de oficios
Xefe/a de cociña
Técnico/a especialista xardín de infancia
Oficial 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª
Oficial/a servizos técnicos. Oficial 1ª mantemento. Oficial 1ª oficios varios. Oficial de
primeira
Subgobernante/a
Auxiliar sanitario. Auxiliar clínica. Auxiliar psiquiátrico/a. Auxiliar de enfermaría.
Coidador/a xeriátrico. Coidador/a
Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado
Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa
contra incendios forestais

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
Bombeiro/a forestal
Bombeiro/a forestal condutor/a