FORMACIÓN:
Queres obter de maneira gratuíta o curso que che permitirá traballar como socorrista cada verán?, anímate a facer o noso curso.
O Concello de Xove impartirá un ano máis, se a subvención solicitada á Xunta de Galicia lle é concedida, o curso SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS. Previsiblemente empezará en xaneiro e rematará en maio de 2020.
Bótalle un vistazo ao vídeo que realizamos co alumnado do curso deste ano premendo aquí:
CONTRATACIÓN:
O Concello acaba de solicitar á Oficina de Emprego persoas candidatas para cubrir as 6 prazas de socorristas que traballarán nas praias municipais.
Que ofrece o Concello de Xove?: Un contrato de 2 meses cun soldo mensual de 1.531,23 €uros brutos e de aproximadamente 1.402,61 euros líquidos a percibir ao mes e a formación/carné de utilización de DESA para quen o precise; ademais ofrece formación e reciclaxe para a renovación do carné de socorrista.
Para acceder a unha das prazas de socorrista do Concello de Xove, debes anotarte na Oficina de Emprego e indicar que cumpres os requisitos e que tes interese en formar parte do equipo de socorristas de Xove.