O Concello de Viveiro convoca o proceso selectivo para un posto de monitor/a de actividades e socorrista en instalacións acuáticas con carácter temporal, como emprego público (funcionariado interino) para a execución das obras ou prestacións de servizos, incluidas no programa “fomento do emprego 2019” segundo as bases reguladoras do plan provincial único de cooperación cos Concellos 2019, mediante o sistema de concurso de mérito, de carácter aberto.
As bases publicaranse na páxina web do Concello (www.viveiro.es) e no taboleiro de edictos municipal de dito Concello.