A Xunta de Galicia pon a disposición das empresas, autónomos e traballadores dúas infografías sobre a tramitación de expedientes de regulación de emprego (ERTE) por forza maior ou por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivados polo COVID-19.
Nos dous documentos que se achegan, as persoas interesadas poden consultar o procedemento e os pasos que se deben realizar para a correcta tramitación destes expedientes:
ENLACE ERTE por forza maior motivado polo COVID-19:
https://cloud.igape.es/index.php/s/ds7iIxtu8GPEHaa#pdfviewer
ENLACE ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou da produción motivado polo COVID-19: https://cloud.igape.es/index.php/s/OdkA5rdfgapoylN#pdfviewer
Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto
para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600