Traxectoria
Gabriel sempre tivo en mente crear o seu propio negocio. Nos inicios da súa carreira profesional estivo traballando no sector da enxeñaría e enerxético, por conta allea. Pero, no 2014, nun momento onde había axudas para o emprendemento, viu a oportunidade e decidiuse a montar a súa propia empresa. Na actualidade traballa con proxectos de enxeñaría industrial e o sector enerxético, axudando á xente e, sobre todo, ás empresas a que aforren no seu día a día coas facturas da luz, electricidade, fotovoltaica…ademais de traballar en grandes proxectos industriais.
O galego é a súa lingua materna e é innato empregalo no seu día a día, de feito traballa como perito para a administración e aí toda a tramitación burocrática é en galego.
Admite CVs
Contacto
Enderezo: Ave Diputación 69 Ático b
Teléfono: 635 47 95 94
Servizo
Sector enerxético