LIBRAMENTOS:

AUTOEMPREGO

Poñémonos en contacto con todas as persoas en alta no Réxime Especial de Autónomos ou similar beneficiarias do Plan de Emprego Municipal do ano pasado para informar do seguinte:

  • Dende o pasado, día 19/12/2017 están en vigor unhas novas bases reguladoras do PEM aprobadas o 18/12/2017, que poden ser consultadas no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, persoalmente ou a través da páxina web do Concello no seguinte enderezo: http://xove.sedelectronica.gal/transparency/f9a0e15b-26e8-4c9b-bf51-6938558a2994/
  • Sen embargo, os expedientes iniciados con anterioridade seguirán rexéndose polas vixentes no momento da súa aprobación e deberán cumprir todos os seus requisitos relativos a prazos e tramitacións ata a finalización do período subvencionado ao que tiñan dereito.
  • Para evitar incumprimentos das mencionadas bases, recomendámoslle que as lea con detemento.
  • Establécese un prazo de solicitude –para cobrar a axuda pendente do ano 2017 (ou de 2016 se é o caso) que vai ata o 15 de marzo de 2018, independentemente da data de inicio da actividade. A solicitude do libramento ten que facela telemáticamente (só é necesario ter o certificado dixital) a través da Sede Electrónica do Concello de Xove no seguinte enlace: http://xove.sedelectronica.gal/dossier.11 . A documentación que debe aportar é a seguinte:
    • Solicitude de libramento dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Xove.
    • Recibo de pago de Seguridade Social de todos os meses dos que se solicita cobro.
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma) e coa Seguridade Social a nome da persoa e se é o caso da empresa. (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).
    • Declaración de cumprimento de requisitos. (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).
    • Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma. (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).

Se causou baixa na Seguridade Social- ou cambiou algún dato relevante desde a súa solicitude- , debe comunicalo.

Se necesita máis datos sobre este ou calquera outro tema relacionado, non dubide en poñerse en contacto co Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Sen outro particular, e esperando que esta información sexa do seu interese, reciba un saúdo.

Anexo I – Libramentos autoemprego

Anexo II – Libramentos autoemprego

Para presentar a solicitude e xuntar a documentación, preme aquí

EMPRESAS

Poñémonos en contacto con todas as empresas beneficiarias do Plan de Emprego Municipal do ano pasado para informar do seguinte:

  • Dende o pasado, día 19/12/2017 están en vigor as bases reguladoras do PEM aprobadas o 18/12/2017, que poden ser consultadas no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local, persoalmente ou a través da páxina web do Concello no seguinte enderezo: http://xove.sedelectronica.gal/transparency/f9a0e15b-26e8-4c9b-bf51-6938558a2994/
  • Sen embargo, os expedientes iniciados con anterioridade seguirán rexéndose polas vixentes no momento da súa aprobación e deberán cumprir todos os seus requisitos relativos a prazos e tramitacións ata a finalización do período subvencionado ao que tiñan dereito. Para evitar incumprimentos das mencionadas bases, recomendámoslle que as lea con detemento.
  • Establécese un prazo de solicitude –para cobrar a axuda pendente do ano 2017 (e 2016 se é o caso) que vai ata o 15 de marzo de 2018, independentemente da data de inicio da contratación subvencionada. A solicitude do libramento ten que facela telemáticamente (só é necesario ter o certificado dixital) a través da Sede Electrónica do Concello de Xove no seguinte enlace: http://xove.sedelectronica.gal/dossier.11,. A documentación que debe aportar é a seguinte:
    • Solicitude de libramento dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Xove.
    • Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora.
    • TC1 e TC2 de todos os meses dos que solicita cobro.
    • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma) e coa Seguridade Social a nome da empresa. (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).
    • Declaración de cumprimento de requisitos. (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).
    • Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma. (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).
    • Declaración de grupo empresarial (Só para os expedientes iniciados despois do 1 de xaneiro de 2012).

Se a persoa ou persoas contratadas causaron baixa voluntaria, foron despedidas ou tivo lugar algunha outra circunstancia relacionada co obxecto desta subvención, debe comunicalo.

Se necesita máis datos sobre este ou calquera outro tema relacionado ou se lle gustaría obter un exemplar das novas bases do PEM, para ter en conta á hora de novas contratacións, non dubide en poñerse en contacto co Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Sen outro particular, e esperando que esta información sexa do seu interese, reciba un saúdo.

Anexo I – Libramentos empresas

Anexo II – Libramentos empresas

Anexo-III-Libramentos-empresas

 

Para presentar a solicitude e xuntar a documentación, preme aquí

SOLICITUDES INICIAIS:

AUTOEMPREGO

Anexo I – Solicitude inicial autoemprego

Anexo II – Solicitude inicial autoemprego

Para presentar a solicitude e xuntar a documentación, preme aquí

EMPRESAS

Anexo I – Solicitude inicial empresa

Anexo II – Solicitude inicial empresa

Anexo III – Solicitude inicial empresa

Para presentar a solicitude e xuntar a documentación, preme aquí