Traxectoria

Fina comezara cun salón de pietado que na actualidade segue sendo unha das empresas que dirixe, pero en 2019, a inquietude de Fina por seguir crecendo fixo que se interesase polo mundo da moda. Pouco a pouco comezou a expoñer algunhas prendas no mesmo salón de peitado para ofrecerllas ás súas clientas e, ó ver a boa acollida e a aceptación que tiñan, planteouse abrir Fina moda e complementos. No mesmo local que o salón de peiteado, ampliou para poder montar a tenda con roupa de diario de home e muller. Aínda que os comezos foron duros, a apertura era o 2020 polo que, antes de abrir xa pecharon, o que supuxo un duro golpe. Porén, cando xa puideron abrir ó publico definitivamente, recibiron moi boa acollida por parte da xente do pobo, o que supuxo un bo empuxón para ela. Agora mesmo, aposta por ser un negocio familiar onde a súa nora é unha das persoas que asesoran e aconsellan dentro da tenda así como a súa filla se encarga das compras para o negocio. E todas consideran que o apostar polos negocios locais é moi importante, de feito a competencia é boa, xa que consideran que cantos máis negocios se abran, máis vida terá o pobo e acollerá a máis xente que queira adquirir en Xove produtos e servizos.

Contacto

Enderezo: Avda Diputación 25
Teléfono: 982 59 27 36
Facebook: @modaycomplementos_fina

Servizo

Tenda de roupa e complementos