
Traxectoria
Hai máis de 30 anos que Ana viu a oportunidade de ter a súa propia farmacia. Os anteriores donos vendíana e ela non o pensou dúas veces. Os comezos sempre son duros e compaxinouno con seguir formándose. Hoxe en día son 7 profesionais: 3 farmacéuticos e 4 técnicos que traballan cóbado a cóbado para ofrecer o mellor servizo. A súa fortaleza, o trato de cerca cos pacientes e estar ao día nas novidades do sector. Para eles é moi importante estar actualizados. Ana forma parte da escola de emprendedores Ralaya. Dan moita importancia ao comercio local e ao uso do galego, pola proximidade e por manter a vida na vila.
Admiten CV
Contacto
Enderezo: Camiño Real 8 Xove 27870
Instagram: @farmaciaxove
Teléfono: 982 59 20 57
Servizo
Farmacia.