ESCAPARATE DE XOVE é unha plataforma que unirá todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.
Onte no Salón de Actos tivo lugar unha reunión de traballo presentada polo Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa e na que Ruth Paz, directora técnica da empresa PROCAT explicou as caracteristas, funcións, utilidades e a forma na que rexistrarse na plataforma.
ESCAPARATE DE XOVE nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.
ESCAPARATE DE XOVE ten como obxectivos:
- Amosar á clientela as vantaxes do consumo local que ofrece o noso empresariado
- Impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet
- Facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego
- Atraer a novas iniciativas empresariais
TODAS AS EMPRESAS E PROFESIONAIS DO MUNICIPIO poden formar parte desta plataforma, para obter máis información deben poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.
O próximo día 20 de outubro estará en funcionamento e desvelaremos todo o seu contido