O Concello de Xove impartirá este curso gratuíto (Financiado pola Xunta de Galicia) con Certificado de Profesionalidade desde xaneiro a maio deste ano que empeza.

Se tes a ESO (ou similar, como mínimo) e che interesa o ámbito, este é o teu curso, que ademais logo podes completar co de Socorrista de Instalacións (cursando soamente os módulos diferentes) e tamén así poder acceder a traballar nunha piscina,…    

O día da selección, o mércores 27 de decembro ás 11:00 h. na Aula de Formación do Concello de Xove (Entrada por enfrente á Residencia de mairores) debes traer o teu título de formación orixinal (ESO ou similar –como mínimo-), a túa tarxeta de demandante de emprego ou o teu contrato laboral se estás traballando e tamén o material necesario para facer unha proba de natación que consiste en nadar 200 metros en estilo libre, para que comprobemos que sabes nadar.  

Calquera dúbida que teñas, contacta comigo respondendo a este correo ou chamándome ao 982592001, será un pracer informarte sen compromiso ningún. Agradézoche que me confirmes que recibiches este correo.