Convocatoria 2018 en plazo Próxima apertura:  03/09/2018 – 12/09/2018 e do 02/01/2019 ao 11/01/2019

Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2018/19, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2018 e maio de 2019, en horario de maña ou tarde.

Solicitudes e prazos de inscrición

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enlace www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas axeitadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un máximo de 25 participantes.

Presentación da documentación

Unha vez finalizado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nos apartados sétimo e undécimo desta resolución.

O prazo para a presentación desta documentación será ata o día 19 de setembro de 2018, para os cursos do primeiro cuadrimestre e ata o 18 de xaneiro de 2019, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Persoas beneficiarias dos cursos

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos/as empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria creada pola Lei 17/1989, de 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo, permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento, ou ben en excedencia polo coidado dun/ha fillo/a o dun/ha familiar; e aquela que ao inicio do curso se encontre en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída do listado de persoal seleccionado.

Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión de algún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativo galego, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión de algún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, de 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegos.

Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos nos parágrafos anteriores. Neste suposto so se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN