
GUSTARÍACHE FACER O CURSO DE SOCORRISTA DE PISCINAS?
O Concello de Xove ten previsto impartir este curso desde marzo ata xuño.
Se tes interese en realizar este curso e estás en situación de desemprego, acude á Oficina Pública de Emprego de Burela.
Se tes interese en realizar este curso e estás traballando, acude á Aula de Formación do Concello de Xove o día da selección (previsiblemente a data será esta, confírmaa no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local de Xove cando se estea achegando a data)
O proceso de selección previsto será o seguinte:
O 06/03/2018 (previsiblemente) ás 16:00 horas na Aula de Formación dará comezo o proceso de selección.
A continuación na Piscina Municipal realizarase a proba de natación de 200 metros en estilo libre.
O desenvolvemento será o seguinte:
lª SELECCIÓN: Entre as persoas desempregadas enviadas pola Oficina Pública de Emprego de Burela que acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
2ª SELECCIÓN (Se non se cobren as 15 prazas coa selección anterior): Entre as persoas desempregadas enviadas pola Oficina Pública de Emprego de Burela que non acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
3ª SELECCIÓN (Se seguen sen cubrirse as 15 prazas coa selección anterior): Entre as persoas en activo que o acrediten e que se presenten libremente na aula no momento da selección que acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
4ª SELECCIÓN (Se seguen sen cubrirse as 15 prazas coa selección anterior): Entre as persoas en activo que o acrediten e que se presenten libremente na aula no momento da selección que non acrediten ter superados os módulos: MF0269 (NATACIÓN: UF0907 + UF0908) e máis MF0272 PRIMEIROS AUXILIOS.
Nas catro partes da selección antes descrita, eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 5 minutos. Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas.
As prazas iranse asignando ás persoas que empregaron menos tempo en realizala, as demais formarán parte da lista de espera e sempre coa prioridade establecida nas catro partes descrita.
No caso de sobraren prazas unha vez rematado todo o proceso, asignaranse ás persoas que empregaron máis de 5 minutos en realizar a proba, pero menos de 6 minutos e sempre coa prioridade establecida nas catro partes descrita.
A lista de alumnado admitido estará publicada o xoves día oito de marzo ás 11:00 horas na cristaleira da entrada principal do Concello de Xove, así coma na súa páxina web: emprego.xove.es
Para máis información: