Traxectoria

Normalmente, as empresas comezan con familias que teñen un proxecto, socios que buscan un obxectivo común. Porén, no caso de Currimar, todo empezou cunha viaxe a Galicia, a Burela concretamente, e 3 amigas que decidiron embarcarse na aventura máis apaixonante das súas vidas. Un 16 de xullo de 2012, día do Carme e patroa dos mariñeiros, Nuria, Nieves e Placer, uníronse para facer o mellor bonito en conserva que puideran. A partir de aí todo foi traballo, traballo e máis traballo. Estiveron na busca dunha nave que cumprira coas súas necesidades e atoparon a súa actual sede en Xove, onde as recibiron cos brazos abertos. Os comezos foron complexos pese a que recibiron moito apoio das institucións, o que fixo que, o que en principio ía ser un proxecto pequeno e máis humilde, se proxectara como algo máis ambicioso.

De feito, tras só dous anos de actividade, en 2014, conseguiron que El Club Gourmet de El Corte Inglés, un dos maiores escaparates do mundo gastronómico, tivera o seu bonito nos seus estantes. Desde entón, non só non deixaron de estar, senón que foron engadindo produtos, como a súa outra estrela da casa, o polbo. Ademais de posicionarse internacionalmente e chegar aos mercados de México, Canadá, Corea, Panamá e diferentes puntos de Europa.

A pesar de realizar un traballo que se proxecta tanto nacional como internacionalmente, tanto Nieves como Placer (actuais donas da empresa), apostan polo apoio ao comercio local, confiando sempre nas súas materias primas por produto de calidade e dando traballo a mulleres da zona, xa que a colaboración e sinerxías entre mulleres neste sector é imprescindible. A lingua galega é outro dos actores presentes no seu día a día pese a que non naceron en Galicia, pero para elas ten que estar presente, xa que o consideran unha riqueza: “o galego non merma, enriquece”.

O seu principal punto forte, ademais dos tratamentos de beleza que podes atopar noutros locais de estética, son os aparellos que emprega nos servizos que fai ás clientas na cara e no corpo. É un concepto de tratamentos máis novidoso e con maiores resultados que busca achegar cada día aos veciños e veciñas de Xove.

Contacto

Enderezo: Polígono Industrial Camba Parcela 29-30, 27877 Xove
teléfono: 982 596 484
Páxina web: www.currimar.es
Facebook: @CurrimarConservasTradicionales

Servizo

Tenda de conservas