O alumnado do curso de SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS que o Concello de Xove está a impartir desde o pasado 8 de xaneiro realizaron unha visita didáctica a algúns dos areais da Mariña Lucense.
Foto: Alumnado do curso na praia de Xilloi o pasado venres 22 de marzo.
Esta saída encádrase no Módulo de rescate de accidentes en espazos acuáticos naturais ( MF1083_2 ) co obxectivo de que o alumnado poda pór en práctica e identificar os posibles perigos e problemas que se poden atopar nunha contorna acuática natural.
Este alumnado traballará, previsiblemente, como socorrista nos próximos veráns nas praias da Mariña, por iso é importante que coñezan e saiban analizar as diferentes características que afectan directamente á prevención de accidentes e ao rescate de persoas accidentadas.