#SEGUIMOS ADIANTE: CICLO MULLERES PROTAGONISTAS, ENCONTRO DIXITAL, MAÑÁ VENRES 26
#SEGUIMOS
ADIANTE: CICLO MULLERES PROTAGONISTAS, ENCONTRO DIXITAL, MAÑÁ VENRES
26Mañá venres 26 de xullo, ás 10 h, terá
lugar un encontro on line sobre mulleres autónomas e
emprendemento no que intervirán o presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a
secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca. Na videoconferencia, os
participantes poderán coñecer as experiencias de catro mulleres
emprendedoras. Mulleres protagonistas é unha iniciativa da Xunta que, de xeito periódico, reúne a mulleres de distintos sectores co obxectivo de establecer un diálogo aberto entre a Administración e este colectivo para escoitar as súas propostas, explicar as medidas activadas neste eido e, deste xeito, realizar unha posta en común sobre os retos e dificultades que afrontan no seu día a día. Programa e inscricións |