Traxectoria

Traballar de fisioterapeuta era a súa vocación. Por iso, no 2007 Aladino decidiu abrir a súa propia clínica en Xove, a súa vila natal, onde pasa consulta a todos os seus pacientes. O mellor para el é poder axudar a xente e facerlle máis doada a vida. Conseguir que volvan a gozar das actividades que realizaban antes das lesións é moi satisfactorio para el. Como negocio local cre firmemente no fomento do comercio nas vilas xa que o concibe como unha rede de veciños e veciñas que invisten e gastan na súa contorna. E, por iso, atender os seus pacientes en galego é importante, xa que é algo que considera que se debe manter porque forma parte da súa cultura, algo único e algo propio.

Contacto

Enderezo: Avda Diputación, 84 baixo. Xove
Teléfono: 660 336 796
Facebook: @aladinofisioterapeuta

Servizo

Fisioterapia