Traxectoria
Comezou co seu salón de peiteado cando era solteira e, uns anos despois, nese mesmo local, empezou a vender algún produto de beleza e, sobre todo, moda. Desde nena é unha apaixonada do mundo da moda. A súa nai era modista e convivía con teas e patróns. A todo iso sumóuselle o seu amor polas vendas e o contacto coa xente. Iso fixo que o seu negocio medrara axiña e se decidise por cambiar o local. Isto foi unha revolución naquel intre, xa que nos anos 80 non existía unha tenda das dimensións do seu novo local. Aos 5 anos desta apertura, montaron a zapataría e o seu marido uniuse máis activamente na empresa, deixando o seu traballo e apoiando o da súa muller. Despois, coa súa filla Catia engadiuse outro local cunha liña máis moza para completar unha grande oferta de artigos para vestir tanto no día a día como en momentos especiais.
En Xove, todo o mundo se preocupa porque o seu negocio funcione e, hoxe en día, a vantaxe do comercio local é que o tes todo ao lado: necesítalo, valo buscar ao carón da túa casa, cómpralo e, con iso, dás vida á vila.
Acepta CVs
finasotogarcia@gmail.com
Contacto
Enderezo: Avda diputación, 26
Teléfono: 667711726 / 982592059
Web: www.catycris.com
Instagram: @catycrisfashion
Facebook: @catycrisfashion.xove
Servizo
Tenda de roupa