Traxectoria

Casa Pepe é un dos restaurantes de Xove onde podes desfrutrar do menú do día e da comida típica galega desde que Georgina colleu as rendas no ano 2019, cando as circunstancias persoais fixeron que o seu irmán e anterior xerente lle ofrecera quedarse co local. Foron uns comezos difíciles xa que case despois de empezar a xestionalo tivo que pechar a causa da Covid. Porén, conseguiu repoñerse e, na actualidade, continúa dando importancia á comida tradicional galega e tendo como especialidade o polbo e o xamón cocido. Por iso, é o lugar perfecto para vivir a experiencia de restaurante galego completa, xa que Georgina sempre fala en galego ao ser a súa lingua materna e a forma máis sinxela para ela de comunicarse. Pero non só cociña para o turista que busca esa experiencia, senón que busca dar servizo á xente da vila que é a que axuda a manter o comercio local.

Contacto

Enderezo: Avda Diputación 71
Teléfono: 982 57 18 00
Facebook: @DIEGOROMIGUEZ

Servizo

Restaurante, bar, cafetaría.