Traxectoria
Trátase dun negocio que comezou hai máis de 100 anos, un dos máis lonxevos de Xove, como empresa familiar. Nela está Antonio, que desde o ano 1980 é o responsable de atender a todos os clientes e clientas que visitan o ultramarinos. Trátase dun concepto de bar e tenda que na actualidade está en desuso e en Xove segue vivo. A súa boa calidade nos produtos, algúns deles únicos, fano aínda máis especial.
Para negocios como o que xestiona Antonio, e para calquera negocio local que leva tantos anos, é imprescindible que a xente da vila consuma local. Por iso, o galego é unha maneira de estar preto de toda esa clientela que confía nel.
Contacto
Enderezo: Avda Diputación 76
Teléfono: 982 59 23 53
Servizo
Tenda de alimentación e ultramarinos