Camiño da Innovación é unha iniciativa da Xunta de Galicia no marco do Programa de Impulso á Innovación nas Pemes, esta actuación pon marcha un servizo itinerante por todo o territorio galego para difundir a necesidade e oportunidade de crecer a través da innovación como única senda para a competitividade. A actuación contará con 18 etapas a desenvolverse nos concellos das catro provincias galegas, onde celebraranse encontros con pemes innovadoras de cada comarca dando a coñecer 54 casos de éxito cercanos ás pequenas e medianas empresas. Ademais, o equipo da Axencia Galega de Innovación asesorará as pemes para iniciar ou potenciar a súa innovación que así o desexen. A túa innovación marca o camiño!

Para a comarca da Mariña  o evento terá lugar en Cervo este próximo luns día 8 de Novembro, o resto de  datas de cada etapa por concello pode ser consultado na sección da web da Axencia Galega de Innovación dedicada a Camiño da innovación.

Para participar na iniciativa, podédesvos inscribir a través deste formulario e solicitar:

–       Asesoramento personalizado sobre as oportunidades e potencial de innovación por parte do persoal da Axencia Galega de Innovación, na Praza do Concello de 9:30 a 18:00 ( necesario solicitar cita)

–       Asistencia aos encontros coa participación de pemes innovadoras, neste evento  que se fará no Concello de Cervo de 12:30  a 14:00 contará coa presencia de Patricia Fernandez Liz , directora da área de Servicios da GAIN (necesario confirmar asistencia).

             Durante o evento coñeceremos os casos de éxito de:

  1. Laminados Villapol: empresa pioneira na transformación da madeira galega situada na Mariña
  2. Pescados Rubén: empresa líder no sector da pesca a nivel mundial
  3. Star Microelectronics: empresa galega de alto valor tecnolóxico na fabricación de compoñentes electrónicos       

INSCRICIÓNS