Mércores, 11 Decembro, 2024

Busca activa de emprego

A carta de presentación é unha poderosa axuda que acompaña ao currículo á hora de atopar traballo.

Consellos para redactar un bo currículo

  • Emprega papel branco ou cor moi claro, de calidade, sen adornos e/ou filigranas
  • O currículo debe estar adaptado ao posto de traballo ó que se opta
  • Redacta dunha maneira clara, concisa e concreta
  • Destaca os teus datos de contacto
  • Expresa cada idea nunha frase e utiliza frases e parágrafos curtos
  • Coida a presentación e revisa a ortografía antes de envialo
  • Acompaña o currículo cunha carta de presentación

Descarga o modelo de Curriculum que mellor se adapte ás túas necesidades

A Carta de Presentación

A carta de presentación é unha poderosa axuda que acompaña ao currículo á hora de atopar traballo.
O obxectivo desta carta é xerar interese na candidatura e pretende conseguir que desexen coñecer a persoa candidata e concederlle unha entrevista de traballo.
Existen dous modelos:
  • Para responder a unha oferta de emprego - Enviase en resposta a unha oferta de emprego publicada xa sexa en prensa ou internet.
  • Enviar unha candidatura expontánea - A carta de presentación de candidatura espontánea permite tomar unha actitude activa e contactar coas empresas nas que se desexa traballar

Descarga e inspírate con algúns modelos de cartas de presentación

Novas que poden ser do teu interese