Subvención do 80% e ata 3000 euros con pagamento anticipado
PRAZO: 13/07/2021 ata 12/08/2021 (POR ORDE DE ENTRADA)
REQUISITOS:
- Persoas autónomas ou socidades (que teñan unha persoa autónoma societaria) cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
- Con rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas (IRPF ou Base Impoñible do Imposto de Sociedades) inferior a 30.000 euros
- Que non fosen beneficiarias dalgunha convocatoria anterior desta axuda
GASTOS SUBVENCIONABLES:
Liña 1 mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
• Investigación de mercado.
• Plan de márketing
• Plan de comunicación do negocio.
• Plan estratéxico do negocio.
• Plan crecemento: constitución sociedade.
• Plan de reorientación do negocio.
• Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
• Plan de refinanciamento.
Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
• Compra de Maquinaria.
• Compra de utillaxe e ferramentas.
• Reforma do local do negocio.
• Equipos informáticos.
• Rótulos.
• Aplicacións informáticas e páxinas web.
• Creación logotipo do negocio.
• Mobiliario.