Convocatoria para a selección de entidades da provincia de Lugo, susceptibles de percibir subvencións para o fomento do emprego a través da contratación por 12 meses de traballadores/as en situación de desemprego.
Obxectivo: incorporar ao mercado de traballo a persoas desempregadas e crear un incentivo económico que redunde nunha mellora das perspectivas de inserción laboral.
Entidades beneficiarias: pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios/as individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, así como asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro.
Liña 1: dirixida a pequenas empresas e microempresas(segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís e nos seguintes supostos de contratación:
1.a.: Contratación de desempregados/as
1.b.: Contratación de desempregados/as de difícil inclusión laboral
Liña 2: dirixida a entidades sen ánimo de lucro tales como: asociacións, federacións, fundacións, e similares.
Duración: contrato de doce meses de duración como mínimo.
Xornada: 50% como mínimo.
Gastos subvencionables: custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social correspondentes a 12 meses de execución do contrato.
Prazo: ata o 17 de outubro de 2017, quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
+ info: BOP nº 221 do 25/09/2017 / Deputación de Lugo: 982 26 00 00 / COTSG: 981 568 100 extensión 6.