Traxectoria
Desde 1969, a familia de Elena leva ofrecendo pratos tradicionais, mantendo viva unha herdanza culinaria que é parte esencial de Xove. Hai máis de 20 anos, Elena tomou as rendas do negocio, despois de toda unha vida traballando nel, asegurándose de que esta tradición non se perda. Cunha oferta de tapas e cafetería, Elena continúa coa paixón de sempre por ofrecer bo petisco e un servizo familiar.
Para ela, consumir produtos locais non só é unha aposta pola calidade, senón tamén unha maneira de apoiar o desenvolvemento da súa comunidade. “Hai un gran comercio en Xove”, asegura, e cre firmemente que apoiándose entre veciños e negocios locais, o pobo pode seguir medrando.
No seu negocio, o galego é a lingua de sempre, creando un ambiente acolledor e próximo.
Contacto
Enderezo: Avd Deputación 68
Teléfono: 638 26 59 21
Email: barcocina21@hotmail.com