NOVAS LIÑAS REACTIVA COMERCIO E SERVIZOS SEGUROS: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
NOVAS LIÑAS REACTIVA COMERCIO E SERVIZOS SEGUROS: ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN
DE SOLICITUDESA Xunta vén de activar as novas liñas de axudas Reactiva
Comercio e Servizos Seguros, destinadas a destinadas a impulsar a
reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o turismo e o transporte,
apoiando a instalación de medidas de protección que garantan a
seguridade de traballadores e clientes. Autónomos e pemes poderán
solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos dous
programas. A tramitación realizarase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma. As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección. Máis información: Programa Reactiva Comercio Seguro Programa Reactiva Servizos Seguros informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47 |