A Axencia Galega de Innovación ven de publicar a Resolución relativa ao procedemento IN848C

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación, durante un período mínimo dun ano, de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2018 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN848C).

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN