ED417A – Axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade de estudantes Erasmus+.
Convocatoria 2019 En prazo: 03/01/2019 – 04/02/2019
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO
03/01/2019 – 04/02/2019
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus estudos durante o curso 2018/19.
A quen vai dirixido?
Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
Requisitos
a) Estar matriculado no curso 2018/19 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
c) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.