SE TES INTERESE EN SOLICITALA OU EN TER MÁIS INFORMACIÓN, PÁSATE POLO DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, QUE CHA XESTIONAMOS GRATUÍTAMENTE.

Convocatoria 2018 en plazo En prazo:  11/08/2018 – 10/09/2018

Obxecto

Esta orde ten por obxecto regular as axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e especialmente aquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

I, Programa de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, preparadores laborais especializados ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas normalizadas, do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores que desempeñan postos de iguais características.

Obxecto do programa e accións de emprego con apoio.

1. Esta liña de axudas ten como obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.

Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As accións de emprego con apoio desenvolveranse no marco de proxectos de emprego con apoio, nos cales se deberán recoller, polo menos, as seguintes accións:

a) Orientación, asesoramento e acompañamento á persoa traballadora apoiada elaborando para cada persoa traballadora un programa de adaptación ao posto de traballo.

b) Labores de achegamento e mutua axuda entre a persoa traballadora beneficiaria do Programa de emprego con apoio, o empregador ou empregadora e o persoal da empresa que comparta tarefas coa persoa traballadora apoiada.

c) Apoio á persoa traballadora no desenvolvemento de habilidades sociais e comunitarias, de modo que se poida relacionar co contorno laboral nas mellores condicións.

d) Adestramento específico da persoa traballadora apoiada nas tarefas inherentes ao posto de traballo.

e) Seguimento da persoa traballadora apoiada e avaliación do proceso de inserción no posto de traballo. Estas accións terán por obxecto a detección de necesidades e a prevención de posibles ameazas ou riscos, tanto para a persoa traballadora como para a empresa que a contrata, que poñan en perigo o obxectivo de inserción e permanencia no emprego.

f) Asesoramento e información á empresa sobre as necesidades e os procesos de adaptación do posto de traballo.

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta orde as que se establecen para cada programa nos capítulos II e III, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.

2. Non poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran as circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Tampouco poderán obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria cando estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4. A xustificación por parte das persoas ou entidades beneficiarias de non estar incursas nas prohibicións contidas nos puntos 2 e 3 anteriores para obter a condición de beneficiaria realizarase mediante declaración responsable.

Persoas destinatarias finais.

1. As persoas destinatarias finais do Programa de emprego con apoio serán traballadores e traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social inscritos nos servizos públicos de emprego como demandantes de emprego non ocupados, así como traballadores e traballadoras con discapacidade procedentes de centros especiais de emprego ou persoas traballadoras en situación ou risco de exclusión social procedentes de empresas de inserción laboral, sempre que, en todos os casos, se atopen nalgún dos supostos que se describen a continuación:

a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual cun grao de recoñecido igual ou superior ao 33 %.

b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

c) Persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

d) Persoas en situación ou en risco de exclusión social recoñecido polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia que non teñan ningunha das discapacidades indicadas nas letras anteriores.

2. As ditas persoas traballadoras deberán ser contratadas por unha empresa do mercado ordinario de traballo para ser empregadas efectivamente na organización produtiva da empresa.

As empresas terán dereito aos beneficios previstos na normativa sobre contratación de persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social nos termos establecidos nela e poderán solicitar as subvencións dos programas de contratación de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria convocadas pola Consellería de Economía Emprego e Industria, e concretamente o Programa de contratación a tempo parcial de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria, regulado no capítulo III desta orde.

3. Poderán ser persoas destinatarias finais deste programa as sinaladas nas letras a), b) e c) do número 1 deste artigo que, estando empregadas mediante un contrato de carácter indefinido, requiran o desenvolvemento das accións de emprego con apoio previstas no artigo 18.2 desta orde, como consecuencia dunha alteración das condicións da prestación do seu traballo ou do seu contorno laboral que produzan agudos problemas de adaptación que ameacen a continuidade da súa actividade produtiva.

Requisitos

Os requisitos, con carácter xeral, para adquirir a condición de persoa galega retornada son os seguintes:

a) Ser persoa galega nacida en Galicia.

b) Acreditar ou ter relación filial, conxugal ou análoga á conxugal.

c) Estar en posesión da nacionalidade española e estar vinculado ou vinculada a un concello galego no padrón de residentes no exterior antes do retorno.

d) Estar empadroado ou empadroada nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para adquirir esta condición de persoa emigrada retornada non deben transcorrer máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta orde.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN