
Traxectoria
En Foncubierta, unha vila do concello de Soto del Barco, cara 1967, Jose Luís, un mozo emprendedor asturiano decidiu abrir un pequeño taller cos poucos medios dos que dispoñía.
Pouco a pouco a empresa foi evolucionando, e no ano 2006, tralo crecemento do seu negocio en Asturias, decidiron buscar novas oportunidades en Galicia. Así, comezaron en Viveiro coa compravenda de vehículos. A aceptación do negocio fíxolles decidirse pola compra dun terreo no Polígono de Camba en Xove, e a apertura, en 2007, dun concesionario cos últimos técnicos e tecnolóxicos.
Na actualidade, un equipo de 6 persoas traballa para ofrecer todos os servizos de taller de vehículos e a venda de automóbiles usados e novos.
No seu día a día, procura traballar co negocio da zona, que sexa de cerca, e que os seus provedores sexan locais. E ademais, as empresas da zona son compradores e usuarios do seu taller, algo do que se sinten orgullosos e satisfeitos.
Aceptan CVs
Contacto
Enderezo: Polígono de Xove, parcela 45. 27877
Teléfono:982 572 305
Facebook: @automovilesbangoxove