Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e descendentes na Comunidade Autónoma Galega.

En prazo:  05/06/2020 – 30/09/2020

Obxecto

Promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades mercantís, de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

MÁIS INFORMACIÓN