PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:
PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO CONTRATACIÓN
- Descargar neste ENLACE os Anexos correspondentes, en: INFORMACIÓN XERAL – ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPLEO 2023 – DOCUMENTACIÓN PLAN EMPLEO 2023 – CONTRATACIÓN 2023 – SOLICITUDE LIBRAMENTO
- Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
- Imprimir e colocar o CARTEL/PLACA publicitaria que está no enlace indicado no punto 1.
- PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: Neste ENLACE ir a: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I, II e III, así como a seguinte documentación:
- Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago
- Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballadores/as) de todos os meses dos que se solicita o cobro
- Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta
- Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
- Documentación xustificativa relativa ao Incentivo de Formación, se é o caso
- Acreditación documental (fotografía na que se vexa claramente a colocacion do cartel en modelo normalizado) do cumprimento da obriga de publicidade do financiamento público
PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO AUTOEMPREGO
- Descargar neste ENLACE os Anexos correspondentes, en: INFORMACIÓN XERAL – ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPLEO 2023 – DOCUMENTACIÓN PLAN EMPLEO 2023 – AUTOEMPLEO 2023 – SOLICITUDE LIBRAMENTO
- Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
- Imprimir e colocar o CARTEL/PLACA publicitaria que está no enlace indicado no punto 1.
- PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: Neste ENLACE ir a: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I e II, así como a seguinte documentación:
- Xustificante bancario do pago de autónomos de todos os meses dos que se solicita o cobro