SE QUERES TRABALLAR COMO SOCORRISTA NOS VERÁNS, ESTE É O TEU CURSO:
REQUISITO DE ACCESO: ESO OU SIMILAR (NIVEL 2) E SER PERSOAS DESEMPREGADAS
DURACIÓN: 438 H/ EN HORARIO DAS 16:00 ÁS 21:00 HORAS, de luns a venres.
INICIO: 8 DE XANEIRO DE 2020 / REMATE: 15 DE MAIO DE 2020
PERSOAS INTERESADAS EN REALIZAR O CURSO DEBEN ACUDIR Á SÚA OFICINA PÚBLICA DE EMPREGO A INDICALO
SE COÑECES A ALGUÉN QUE PODE TER INTERESE EN FACELO, ENVÍALLE ESTA INFORMACIÓN.
SELECIÓN DE ALUMNADO
O día 27 de decembro de 2019 na Aula de Formación ás 10.30 horas dará comezo o proceso de selección entre as persoas desempregadas que recibiron a carta da Oficina de Emprego de Burela, alí comprobaremos que reúnen todos os requisitos para acceder ao curso.
Se nese día non se cubren as 15 prazas, poderán facerse outras seleccións coas persoas interesadas sempre que cumpran os requisitos.
A continuación na Piscina Municipal realizarase a selección de alumnado que consistirá nunha proba de natación en estilo libre de 200 metros.
PARA MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE EMPREGO E DESEMVOLVEMENTO LOCAL DO CONCELLO DE XOVE (982592001)