AMPLIACIÓN
DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: PROGRAMAS REACTIVA COMERCIO, TURISMO
E SERVIZOS SEGUROSComo publicou onte o Diario Oficial de Galicia, a Xunta
vén de ampliar ata o 17 de agosto o prazo de presentación de
solicitudes das axudas dos programas Reactiva Comercio, Turismo e Servizos
Seguros, postos en marcha para impulsar a reactivación dos sectores dos
servizos, o comercio, o turismo e o transporte, apoiando a instalación
de medidas de protección que garantan a seguridade de traballadores e
clientes. Autónomos e pemes poden solicitar estes apoios mediante unha tramitación rápida e sinxela que inclúe a achega de anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da contía dos investimentos realizados. As medidas subvencionadas poden ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma. As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas; a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire; e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas hixiénicas e de protección. Máis información: Programa Reactiva Comercio Seguro Programa Reactiva Servizos Seguros Programa Reactiva Turismo Seguro informa@igape.es e teléfonos 900 81 51 51 – 981 54 11 47 |