Se es unha empresa dedicada a estas actividades, esta información pode serche de interese
En prazo: 26/05/2020 – 30/07/2020
A quen vai dirixido?
Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.
Obxecto
Subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
Actuacións que se subvencionan
1. As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos e a incorporación de domótica enerxética en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos e que se denominarán actuación 1 e actuación 2, respectivamente:
a) Actuación 1. Plan Renove de electrodomésticos.
É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
- Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A+++
- Conxelador con clasificación enerxética A+++
- Lavadora A+++
- Lavalouza A+++
- Placas de indución total
b) Actuación 2. Instalacións domóticas enerxéticas.
Son subvencionables as novas instalacións de elementos domóticos enerxéticos citados na seguinte táboa e a adaptación das instalacións existentes para a súa integración efectiva:
- Monitorización térmica da vivenda (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radon e termóstatos comunicados cun equipamento centralizado)
- Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos e fotocélulas comunicados cun equipamento centralizado)