Traxectoria
2023 foi o ano de inicio de Acosta Mueble, unha empresa familiar creada por Lito e Lucía. El tiña un proxecto na cabeza desde facía un tempo e xuntos decidiron facelo. Xove convertiuse na localización perfecto porque para eles era un sitio estratéxico ó estar entre varios grandes núcleos urbáns como Viveiro e a zona de San Cibrao, Burela e Foz. O polígono era moi interesante e foi un acerto total, non só pola localización, senón tamén polas dimensións da nave, que lles permitiu montar a tenda e almacén que buscaban. Unha parte importante do negocio son os equipamentos integrais de cociñas. Durante todos estos anos, tiveron momentos gloriosos e momentos máis duros, pero en xeral están satisfeitos coa traxectoria. Aínda que os últimos anos se abriron gran cantidade de tendas de mobles de grandes emrpesas, non consdieran que sexa algo que lles afectase xa que non ofrecen o mesmo servizo. Eles ofrecen unha atención máis familiar e adaptada á persoa. Isto, en moitas grandes superficies, que teñen outro modelo de negocio diferente, non é a súa prioridade. Trátase de cubrir necesidades e intentar adaptarse á clientela, como co idioma, que aínda que poden atende á xente en castelán, o seu idioma principal é o galego, sendo a lingua que empregan co 99% dos clientes.
Hai 7 anos montaron Más Sofás Outlet que xurdiu por unha necesidade de liquidar stocks e ó mesmo tempo cubrir unha liña máis económica en tapizaría (sofás), abarcando un público máis amplo.
Acosta Mueble contacto
Dirección polígono industrial de Camba, parcela ec-7
Teléfono: 982 59 64 10
Más Sofás contacto
Dirección polígono industrial de Camba, parcela 21
Teléfono: 982 59 64 10