PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR O LIBRAMENTO DE CONTRATACIÓN:

  1. Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 os Anexos correspondentes, en: ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPREGO 2024 – BASES E ANEXOS 2024 – CONTRATACIÓN –  LIBRAMENTO
  2. PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I, II e III, así como a seguinte documentación:
  • Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago
  • Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballadores) de todos os meses dos que se solicita o cobro
  • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social. Se se tivese dado ao Concello a oportuna autorización, estes certificados extraeranse de oficio.
  • Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma
  • Documentación xustificativa relativa ao Incentivo de Formación, se é o caso.
  • Acreditación documental (fotografía na que se vexa claramente a colocación do modelo normalizado) do cumprimento da obriga de publicidade do financiamento público.
  • Informe de vida laboral de todos os códigos de cotización da empresa que comprenda o período abranguido entre os 24 meses anteriores á data da contratación pola que se solicita subvención e o momento da solicitude desta axuda, se se trata dunha empresa que non tivo persoal asalariado desde ese período, o Informe de Vida Laboral comprenderá o período abranguido desde a súa inscrición como persoa empresaria no Sistema da Seguridade Social e o momento da solicitude desta axuda. Esta documentación debe aportarse a fin de comprobar os requisitos recollidos no CAPITULO II. SEGUNDA das bases reguladoras.


PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR O LIBRAMENTO DE AUTOEMPREGO:

  1. Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 o proxecto empresarial e os Anexos correspondentes, en: ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPREGO 2024 – BASES E ANEXOS 2024 – AUTOEMPREGO –  LIBRAMENTO
  2. PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar o Proxecto Empresarial e os  Anexos I e II, así como a seguinte documentación:

  • Recibos de pago de Seguridade Social de todos os meses.
  • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social, a nome da persoa e se é o caso da empresa. Se se tivese dado ao Concello a oportuna autorización, estes certificados extraeranse de oficio.
  • Documentación xustificativa relativa ao Incentivo de Formación, se é o caso.
  • Acreditación documental (fotografía na que se vexa claramente a colocación do modelo normalizado) do cumprimento da obriga de publicidade do financiamento público.