A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, no marco do Plan FOEXGA e en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, apoia a presenza das empresas galegas, especialmente do sector agroalimentario e de viños, nas feiras CHINA INTERNATIONAL EMPORT EXPO e FOOD & HOTEL / PROWINE CHINA, que se desenvolverán, o próximo  mes de novembro, na China:

2018 CHINA INTERNATIONAL IMPORT EXPO
Feira plurisectorial que se celebra do 5 ao 10 de novembro e que ten especial relevancia para Galicia no sector agroalimentario e de viños. É unha mostra impulsada polo Goberno da China para tratar de concentrar nela a empresas internacionais que desexen exportar a ese mercado.

  • Prazo de inscrición, ata o próximo 7 de xuño.

FOOD & HOTEL / PROWINE CHINA 2018
Feira que se desenvolve do 13 ao 15 de novembro e que constitúe tamén un referente no sector agroalimentario e de viños na China.

  • Prazo de inscrición, ata o próximo 1 de xuño.

As empreas galegas participantes contarán con espazo expositivo no pavillón de España, dado que a presenza está tamén apoiada polo ICEX. O prazo de inscrición para as empresas interesadas en participar en ambas as dúas feiras remata tamén o próximo día 1 de xuño.

A presenza das empresas galegas nestas importantes feiras expositivas internacionais contará cunha subvención do 90% por parte do Igape/Feder, no marco do Plan Foexga.

Máis información e inscricións

PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA, E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020