Non perdes nada por probar e podes gañar moito
Asesoramento personalizado e gratuíto do IGAPE de ata 25 h. en 5 ámbitos orientados á implantación de medidas que permitan adaptarse ao novo contexto:
- ÁMBITO XERAL: Todo o relacionado co impacto da covid-19 no seu negocio, medición, como actuar, reorientar ou reorganizar a súa empresa ou equipos…
- ÁMBITO FINANCEIRO: Todo o relacionado con débedas, obrigacións fiscais, avais, liquidez da empresa…
- ÁMBITO NEGOCIO: Todo o relacionado coa actividade de negocio da empresa, ampliación da oferta comercial ou promoción en liña.
- ÁMBITO OPERACIÓNS: Todo o relacionado coa prestación de productos e servizos en liña ou a producción da empresa.
- ÁMBITO PERSOAS: Todo o relacionado co equipo de traballo das empresas.