Traxectoria
Rubén, en 2023, creou A Repulida, un obradoiro de costura creativa ao que lle dedica todo o tempo que o seu traballo lle permite. O nome ten a súa raíz no alcume que lle puxeran á súa avoa de xove que, lonxe de ofendela, a facía sentir orgullo da súa forma de ser e de vivir.
O proxecto creouse coa aspiración de dar renda solta á súa creatividade e ás súas inquietudes de deseñar, que xurdiron nun entroido, cando comprou a súa máquina de coser. As súas prendas dan unha segunda vida ás teas, xa que sempre son reutilizadas. E é que, en moitas ocasións, a súa clientela non só busca dar unha segunda vida a un vestido ou camisa que non lle serve ou que pertencía a outra persoa, senón que buscan manter os bos recordos que a prenda lles trae creando complementos como coxíns, bolsos ou carteiras. Ademais, fan roupa a medida baixa a submarca Feitiño, con prendas únicas e moi especiais para eventos e festas ou, incluso, caracterizacións para Samaín ou Entroido. Para Rubén, a lingua galega é unha arteria moi importante dentro da empresa, xa que realiza camisetas con frases de mulleres que na actualidade teñen, ou terían, máis de 90 anos, e que sempre van en galego. Tamén todos os pedidos van acompañados dunha tarxeta cunha frase en galego que a fai única.
Formou parte durante moitos anos en ACIA para intentar axudar ó comercio de Xove e ségueo facendo no seu día a día consumindo, preferentemente, no pobo. A Repulida vén da súa avoa que cando era pequena saía á rúa lucindo vestidos que facía na casa onde vivía e se formaba e subía polas rúas e lle decían repulida.
Contacto
Enderezo: Camiño Real s/n, Xove
Instagram: @arepulida
Servizo
Tenda de roupa personalizada, diseños a medida, asesoramiento de imaxe.