Traxectoria
Pilar Corgos ten unha academia para mozos e mozas de primaria, 5º, 6º e ESO, especializada en matemática e física. A academia, tal e como se coñece hoxe en día, leva desde o ano 2018, pero antes xa daba clases noutros locais. Eran localizacións máis pequenas e menos visibles ao público, xa que comezou pouco a pouco.
Pero xa no 2018, decidiu que era o momento de buscar o local e as instalacións que lle deran a visibilidade necesaria e cubriran todas as necesidades do momento. Era un “agora ou nunca “ e lanzouse.
O que máis lle gusta do seu traballo é poder axudar ao alumnado coas materias que imparte, sobre todo aos da ESO, e que consigan mellorar e alcanzar os seus obxectivos.
Ademais, nalgunhas ocasións, incluso lle toca prepararse outras materias, ou aspectos concretos doutras materias, a petición dos pais e nais, para axudar a algún deles a superar algunha dificultade en concreto.
No seu día a día explica os temas no idioma no que o alumnado estudia a materia. Hoxe en día son en castelán, polo que normalmente lles explica nese idioma. Pero a súa comunicación é fluída en ambos idiomas e se se dirixen a ela en galego, emprega este idioma para comunicarse.
Contacto
Enderezo: Avda. Diputación, 66 – 27870 – Xove
Teléfono 606532369


