Traxectoria

Hai 20 anos, Nacho comezou limpando caleiros cunha simple escaleira e unha pequena oficina na súa casa. Despois, foi pouco a pouco comprando plataformas e material para ir crescendo. Empezou só e despois fóronse incorporando persoas ante o crecemento e a demanda por parte dos clientes.

Este crecemento fixo que se trasladasen á localización actual, pero despois decidiu instalarse no Polígono empresarial de Camba. Coa construción da vía rápida, e por estratexia empresarial, volveron á localización na que agora se atopan. 

Na actualidade están 5 empregados, e realizan todo tipo de traballos verticais: limpeza de caleiros, mantemento de cubertas e edificios, ademais dalgunha poda. Todos eles os realizan na Mariña, concretamente entre Foz e Viveiro. 

Todo o compran no negocio local e son moi fieis aos provedores cos que traballan. Un dos seus principais provedores está en Xove e traballan para moitas empresas e comunidades de veciños, tanto en Xove como na contorna.

Aceptan CVs

 

Contacto

Enderezo: Rúa Beltrán Lago, 3. 27877
Teléfono:982 59 22 79