
A Xunta de Galicia aprobou unha subvención para poñer en marcha o “Obradoiro de Emprego SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE VI”.
OBXECTIVO:
Aprender traballando unha profesión para obter unha cualificación profesional que favoreza a posterior inserción laboral no mercado de traballo.
DURACIÓN:
9 meses
ESPECIALIDADES:
BURELA: OPERACIÓNS AUXILIARES EN REVESTIMENTOS CONTÍNUOS EN CONSTRUCCIÓN. REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS. | (EOCB0109) | 7 persoas alumnas traballadoras |
CERVO: ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS,…/ ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES (XARDINARÍA) | (AGAO108/AGAR0309) | 6 persoas alumnas traballadoras |
XOVE: ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS,…/ ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES (XARDINARÍA) | (AGAO108/AGAR0309) | 7 persoas alumnas traballadoras |
AS PERSOAS INTERESADAS DEBEN:
Anotarse, canto antes, na súa Oficina Pública de Emprego indicando o seu interese en formar parte do proceso de selección.
REQUISITOS DO ALUMNADO-TRABALLADOR:
- Para a selección do alumnado-traballador, o grupo de traballo mixto determinará o perfil das persoas candidatas, os baremos e probas que poidan aplicarse, se é o caso, e os requisitos mínimos que aquelas deben cumprir, con suxeición ao previsto nos parágrafos seguintes.
- En todo caso, a selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego pola correspondente oficina de emprego, e esta deberá observar, como requisitos mínimos que deben cumprir as persoas candidatas preseleccionadas, os seguintes:
- a) Ter dezaoito ou máis anos de idade.
- b) Estar desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.
- c) Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto, en aplicación do previsto nos artigos 2 e 5 desta orde.
- d) Cando a formación que se vai impartir no proxecto vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.
- Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como os emigrantes retornados; as mulleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración; as persoas maiores de corenta e cinco anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional; as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos, e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
- O grupo de traballo mixto practicará a selección de entre as relacións de persoas desempregadas confeccionadas pola oficina de emprego que deberán conter, no posible, tres persoas candidatas por posto.
- O alumnado que se seleccione deberá manter o cumprimento dos requisitos de selección na data da súa incorporación ao proxecto.