PE201B – Axudas destinadas a pemes do sector transformador.
Convocatoria 2018 En prazo: 27/12/2018 – 28/01/2019
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e a convocatoria para o ano 2019 de axudas destinadas á realización de investimentos para pemes do sector transformador dos produtos da pesca e acuicultura que contribúan a fomentar unha pesca e acuicultura sustentables desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
Finalidade das axudas.
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
• Contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.
• Melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.
• Axuden á transformación de capturas de pescado comercial que non se poidan destinar ao consumo humano.
• Se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
• Se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) núm. 834/2007.
• Dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
A quen vai dirixido?
Poderán ser persoas beneficiarias as persoas físicas, xurídicas, pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.
Requisitos
1. Ser unha peme do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.
2. Non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións nin sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
3. Non poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.ç
4. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
5. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
7. Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
8. Non ter cometido infracción grave:
– Da PPC definidas como tales en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello;
– Do Regulamento (UE) núm. 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) núm. 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control; durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes, se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011. Cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) núm. 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
9. No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
10. Non estea nin estivera nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estiveran nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (CE) núm. 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
11. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
12. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
13. A solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do seu representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2 ao 11 do artigo 5 desta orde.
9. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
Requisitos específicos das persoas beneficiarias.
Sen prexuízo do anterior, a persoa beneficiaria deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Os investimentos teranse que realizar nun centro produtivo localizado en Galicia.
b) Deberán figurar de alta na Axencia Española de Administración Tributaria dentro das epígrafes relacionadas coa transformación de produtos procedentes da pesca, do marisqueo ou da acuicultura.
c) Non ser unha empresa en crise de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01).
d) Os investimentos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio desles nos termos indicados no artigo 11 desta orde.
No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización dos mesmos por parte dos servizos da Consellería do Mar.