ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O COBRO DO PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL

ATA O 15 DE MARZO PODES SOLICITAR A PARTE DE SUBVENCIÓN DE PEM CORRESPONDENTE A 2021 (E DE 2020, SE É O CASO)

PARA A SOLICITUDE, SIGUE ESTES PASOS, SEGUNDO SEXA UNHA SUBVENCIÓN DE CONTRATACIÓN OU DE AUTOEMPREGO:

PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO CONTRATACIÓN

  1. Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 os Anexos correspondentes, en: ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPREGO 2022 – BASES E ANEXOS 2022 – CONTRATACIÓN –  LIBRAMENTO
  2. Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
  3. PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I, II e III, así como a seguinte documentación: Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago; Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballadores/as) de todos os meses dos que se solicita o cobro; Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta; Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma

 PROCEDEMENTO PEM: LIBRAMENTO AUTOEMPREGO

  1. Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 os Anexos correspondentes, en: ENLACES DE INTERESE – PLAN EMPREGO 2022 – BASES E ANEXOS 2022 – AUTOEMPREGO –  LIBRAMENTO
  2. Ler, cubrir e asinar os anexos que alí aparecen
  3. PRESENTACIÓN TELEMÁTICA: No enderezo anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en: CATÁLOGO DE TRÁMITES – TRÁMITES DESTACADOS – INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa Instancia Xeral e achegar os Anexos I e II, así como a seguinte documentación: Xustificante bancario do pago de autónomos de todos os meses dos que se solicita o cobro;Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT; ATRIGA; Concello de Xove, neste caso facilitado de oficio polo Concello) e coa Seguridade Social ou autorización á súa consulta; Certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de conta e titular da mesma

MÁIS INFORMACIÓN DO PEM

Print Friendly, PDF & Email